Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Aberto o prazo de preinscripción para o cursos deportivos de verán

ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA O CURSOS DEPORTIVOS DE VERÁN

Ata o 23 de xuño atópase aberto o prazo de preinscrición para os cursiños de verán que o Concello organiza no polideportivo municipal, durante os meses de xullo e agosto.

Os cursiños de natación (idade mínima: nados no 2013), pilates e ximnasia de mantemento iniciaranse no polideportivo municipal o 3 de xullo, e o de natación para bebés será o 1 de xullo.

O horario das actividades dependerá das preinscricións, e se poderán consultar a partir do 26 de xuño.

As prazas cubriránse por riguroso orde de presincrición ata cubrir o cupo. A confirmación da praza deberá realizarse entre o 26 e o 29 de xuño co pago da taxa correspondente

A taxa a abonar segundo a actividade elixida é:

  • Natación: 25 euros/mes (4 días á semana)
  • Natación para bebés: 5 euros/mes (1 día á semana)
  • Pilates: 10 euros/mes (3 días á semana)
  • Ximnasia de Mantemento: 12 euros/mes (5 días á semana)

Pode ver toda a información sobre as actividades deportivas de verán na seguinte ligazón

IR Á LIGAZÓN Actividades deportivas municipais