Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A xunta local da Asociación Española contra el Cáncer organiza unha cadea humana para o próximo sábado

A XUNTA LOCAL DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CÁNCER ORGANIZA UNHA CADEA HUMANA PARA O PRÓXIMO SÁBADO

A xunta local de Cedeira da Asociación Española contra el Cáncer organiza para o próximo sábado unha cadea humana que, a partir das oito da tarde, tratará de rodear as dúas pontes da vila e que terá como finalidade, ademais de reunir cartos, buscar a colaboración de todos para facer frente a enfermidade e levar a esperanza ás persoas que a están a padecer. Este último propósito quedará simbolizado cunha solta de palomas que terá lugar ás nove da noite, xa que se quere facer coincidir coa marea chea.

A actuación dun grupo de música tradicional e a instalación de dúas mesas petitorias, que estarán situadas nas pontes, son outros dos contidos previstos pola xunta local da Asociación, da que Teresa Beiceiro é a presidenta. O Concello de Cedeira tamén colabora coa celebración desta iniciativa, que xa se está a anunciar coa instalación de pancartas nas pontes.