A XUNTA ESTÁ A INSPECCIONAR AS PARCELAS SITUADAS NAS FAIXAS DE XESTIÓN DE BIOMASA NO MUNICIPIO DE CEDEIRA
O Concello de Cedeira informa de que, cumprindo a lexislación vixente de prevención de incendios, un equipo do Servizo Agrario Galego (SEAGA) está a realizar a inspección do estado das parcelas situadas na faixa de protección de vivendas e núcleos de poboación, por encomenda da Consellería de Medio Rural. As persoas interesadas poden consultar as parcelas afectadas no visor da propia Consellería, no Plan Municipal de Prevención de Incendios ou ben no propio Concello, de martes a xoves en horario de 09.00 a 14.00h.
Posteriormente a estas inspeccións, as persoas propietarias de parcelas que estean a incumprir a normativa recibirán notificacións recordándolles a obriga de xestionar a biomasa vexetal e retirar as especies arbóreas non permitidas. Transcorrido o prazo concedido para ditas labores e, de non dar cumprimento ás mesmas, procederase á imposición de multas e execucións subsidiarias.
O Concello de Cedeira sumouse no ano 2018 ao convenio de colaboración suscrito entre a Xunta de Galicia, FEGAMP e SEAGA para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias, tal e como prevé a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. O obxectivo de dito convenio é poder dar cumprimento á lexislación en materia de prevención de incendios dado o alto volume de parcelas en todo o municipio que incumpren a normativa.
Ata o momento, por falta de medios, o Concello só estaba facendo os requerimentos de limpeza nos casos nos que existían denuncias de terceiros, pero agora estase a levar a cabo unha labor de inspección máis exhaustiva nas zonas segundarias das faixas de protección, que abranguen 50 metros arredor de núcleo rural ou vivendas illadas.
Enlace ao visor de faixas secundarias da Xunta: https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/