Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A Xunta e o Concello melloran o colexio Niclás del Río de cara ao inicio do curso escolar

A XUNTA E O CONCELLO MELLORAN O COLEXIO NICOLÁS DEL RÍO DE CARA AO INICIO DO CURSO ESCOLAR

O inicio co curso escolar está á volta da esquina, un regreso que no caso do colexio Nicolás del Río de Cedeira traerá algunhas novedades. Antes de que os nenos volvan ás aulas a Xunta de Galicia xa terá rematados os traballos de substitución de seis das vinte galerías de ventás situadas na fachada sur do colexio.

Trátase de estructuras de case sete metros de lonxitude, feitas en aluminio, con garantía de cinco anos e vidro de doble folla. Algunhas das ventás son abatibles. O plan da Xunta, segundo o acordo alcanzado entre Educación e o Concello, é completar esta intervención inicial coa substitución da totalidade das galerías nun prazo de dous anos.

O Concello tamén está levando a cabo outras obras de mellora que pasan por renovar o aspecto das aulas cunha nova capa de pintura. Os traballos xa están prácticamente rematados.

De cara aos próximos meses o goberno municipal ten previsto instalar unha barreira de protección exterior, melloras no parque infantil e a colocación dun portón interior no recinto para velar pola seguridade dos alumnos. Xunto aos traballos de pintura agora executados, as obras que están pendentes forman parte do paquete de intervencións acordado co xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, na reunión na que o alcalde, Pablo Moreda Gil, trasladou ao representante do executivo galego as necesidades e demandas do Concello e da comunidade escolar con respecto ao centro Nicolás del Río. Este conxunto de intervencións costará a 30.000 euros.