Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A Xunta certifica que as augas das praias locais son aptas para o baño

A XUNTA CERTIFICA QUE AS AUGAS DAS PRAIAS LOCAIS SON APTAS PARA O BAÑO

O Concello de Cedeira vén de recibir a notificación de Augas de Galicia sobre o estado das augas de baño nas praias da Madalena e Arealonga. En ámbolos dous casos, a valoración é satisfactoria ao obter a calificación de suficiente o primeiro dos areais e de boa o segundo.

Estas catalogacións son o resultado das diversas analíticas efectuadas nos catro anos anteriores, de aí os matices que o responsable da área de Medio Ambiente, Camilo Casal, quere introducir á hora de valorar os datos. O concelleiro explicou que na Madalena, ao igual que xa aconteceu no ano 2016, a calificación ven motivada polos incidentes habidos no verán do 2014, cando un fallo da estación depuradora de aguas residuales (EDAR) provocou un verquido que cubriu de bolas de sebo e excrementos o río Condomiñas e máis a praia.

En canto ao areal da Arealonga, segundo Casal a regresión de excelente en 2016 a boa en 2017 responde ao incidente puntual do 29 se setembro, no que o nivel de enterococos se disparou ata 340 NMP/100 mL.