A xornada de pesca infantil abriu onte a XVI edición da Festa do Percebe de Cedeira
A XORNADA DE PESCA INFANTIL ABRIU ONTE A XVI EDICIÓN DA FESTA DO PERCEBE DE CEDEIRA
A celebración da xa tradicional xornada de pesca infantil abriu onte a edición número 16 da Festa do Percebe, unha convocatoria na que Concello e Confraría de Pescadores marchan da man para dar a coñecer o municipio en base aos seus recursos pesqueiros. É o denominado proxecto “O sentir mariñeiro”, financiado nun 70% con cartos de Europa a través Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal.
O programa previsto para as dúas seguintes xornadas arrincará ás doce do mediodía do sábado coa apertura da degustación da que o percebe será o rei pero na que tamén se porán á venda racións de polbo á galega e pastelón de Cedeira. Esta última é unha especialidade local que se poderá consumir nas variedades de sardiña, bacalao e bonito. En total serán un total de 4.000 racións individuais as que se poñerán á venda a prezos populares, segundo se pon de manifesto desde o pósito local. O horario da degustación será de 12.00 a 00.00 horas.
Unha carpa situada no porto pesqueiro acollerá a celebración, tanto a relacionada coa cita gastronómica como a que se refire as actuacións musicais. A charanga Santa Compaña amenizará o mediodía do sábado, mentras que pola noite actuará o grupo “Os claretes”, a partir das 21.30 horas na zona portuaria. Haberá inchables na praia de Area Longa e a posibilidade de utilizar de forma gratuíta un tren turístico para achegar aos visitantes desde a praza de Galicia ata o recinto festivo. Nas súas inmediacións tamén hai existe un aparcadoiro.
O domingo actuarán Buxainas e a Asociación As Aturuxeiras e o horario da degustación será desde as doce ata as dez da noite.
O Museo Mares de Cedeira, que nestas datas celebra o seu primeiro aniversario, tamén abrirá as súas portas nas dúas xornadas, cun programa que se pode consultar a través da páxina web www.osentirmarineiro.com.