A Semana Infantil é un magnífico adianto das Festas de Cedeira
A SEMANA INFANTIL É UN MAGNÍFICO ADIANTO DAS FESTAS DE CEDEIRA
Como adianto do que está por vir, o Concello de Cedeira programa para os catro primeiros días da próxima semana a celebración de probas atléticas, concursos tradicionais e xogos populares. É a chamada Semana Infantil, un conxunto de actividades pensadas para os nenos y que terá como referencia a praza Roxa, a partir das 11.00 horas.
As citas darán comezo o luns coa convocatoria de probas de velocidade, resistencia, relevos, xavalina e peso. O martes é a xornada dedicada a lembrar os xogos máis tradicionais, como o do pano, a “silla” ou o de tiro con corda. As carreiras do humor, tal e como poden ser as de ovo, sacos e culler, terán lugar na mañá do mércores día 9.
O calendario pechará o xoves coa celebración do tradicional certame de cestelos de area na praia da Madalena e a final de fútbol sala. Esta última competición, que chega a súa vinte catro edición, dará comezo ás 18.30 hora co partido de benxamíns. Despois disputaránse os das categorías de alevín (19.15 horas), infantil (20.00 horas) e senior (21.00 horas). O pabellón acollerá unha competición que conta con moitos afeccionados e seguidores na vila de Cedeira.