Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A PARÍS DE NOIA ACTÚA ESTA NOITE NAS FESTAS DE CEDEIRA

A vila de Cedeira segue inmersa nas festas da Patroa que comezaron o pasado venres e que están a gozar dunha grande afluencia. Nun programa no que teñen moito peso as verbenas e as orquestras, hoxe chega unha función destacada: a París de Noia actuará na praza da Revolta esta noite, a partir das 23.00 horas.

Tamén na xornada de hoxe, ás 20.00 horas, o Auditorio municipal acollerá o espectáculo “361º” de Proxecto Tránsito. A función, que se traslada ao interior pola previsión de choiva, mistura danza e circo dunha maneira artística e poética, nun espectáculo visual sorprendente e para todos os públicos.

Teatro ó Cubo estará mañá na localidade para actuar tamén na praza Floreal, ás 20.00 horas, e ofrecer o seu espectáculo “De Vilatriste a Vilalegre”. Será unha nova cita para o público familiar, nesta ocasión co teatro actoral e de marionetas como principais ingredientes. De novo haberá verbena nocturna, ás 22.30 horas na praza Roxa, coas orquestras Los Satélites e Origen.

A actividade deste xoves 15, o Día da Patroa, comezará ás 12.00 horas cunha misa cantada pola Coral Eixil. A Banda de Música Vila de Cedeira actuará na Praza Roxa ás 13.30 horas, nunha cita clásixa xa dentro das festas, e o mesmo escenario acollerá o concertó do Grupo Bomba e a orquestra Finisterre pola noite, a partir das 22.30 horas. A xornada rematará con fogos artificiais.

Ao día seguinte, venres, haberá misa ás 11.00 hores e procesión marítima a continuación, acompañada pola Banda de Música Vila de Cedeira. Ás 22.30 horas, na Praza Roxa, vivirase unha das actuacións máis especiais dos festexos deste ano coa actuación de Guadi Galego. A cedeiresa reencontrarase coa súa xente nun concertó que compartirá coa banda Xangai.

A tradicional Xira en San Antón de Corveiro, romaría que reúne cada ano á veciñanza e visitantes, será o vindeiro sábado o colofón ao programa festivo. A xornada rematará coa última cita musical das Festas da Patroa, de novo no escenario da praza Roxa e a partir das 22.30 horas, protagonizada pola orquestra La Ocaband.