Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A obra social “La Caixa” colabora coa campaña de xoguetes de nadal

A OBRA SOCIAL “LA CAIXA” COLABORA COA CAMPAÑA DE XOGUETES DE NADAL DO CONCELLO DE CEDEIRA CUNHA APORTACIÓN DE 2.000 EUROS

O Concello de Cedeira vén de asinar un convenio coa Obra Social La Caixa, polo que a entidade fai unha aportación económica de 2.000 euros para a campaña de compra de xoguetes novos que se entregarán a través da concellería de Servizos Sociais a familias en risco de exclusión social. A iniciativa púsoxe en marcha coa chegada do novo goberno á Alcaldía local.

Tanto a directora da oficina de La Caixa de Cedeira, María del Carmen Rodríguez, como a concelleira de Servizos Sociais, a nacionalista Manuela López, sinalaron a importancia da campaña e da colaboración económica para que nestas datas todos os nenos e nenas reciban algún agasallo.