Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A néboa dificulta á campaña de limpieza na zona de Herbeira, que aínda así quedou libre de residuos

A NÉBOA DIFICULTA Á CAMPAÑA DE LIMPIEZA NA ZONA DE HERBEIRA, QUE AÍNDA ASÍ QUEDOU LIBRE DE RESIDUOS

A néboa que na tardiña de onte ocupou a garita de Herbeira mermou a participación na campaña de limpeza convocada polo Concello de Cedeira para deixar sen refugallos a zona tras a Vuelta Ciclista a España. Aínda así foron tres as bolsas de plástico que se encheron con restos de plásticos e papeis recuperados entre a maleza.

Os concelleiros de Cultura e Urbanismo, María Xosé Rodríguez; de Medio Ambiente, Camilo Casal; de Xuventude, Manuela Gómez; de Educación, Robustiano Labraña, e o xeólogo Francisco Canosa encontrábanse entre os participantes.

A responsable de Cultura explicou que foron moitos os coches que subiron ata a zona “pero daban volta porque non se via nada”. De todas formas, segundo a concelleira, “a garita quedou moi limpa”.

O Concello de Cedeira, xunto ao de Cariño, xa tiñan recollido moitos dos refugallos que deixan probas multitudinarias como a Vuelta.