Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A hostelería sumarase á festa da pescada cun concurso de tapas

A HOSTALERÍA SUMARASE Á FESTA DA PESCADA CUN CONCURSO DE TAPAS

A cita gastronómica terá lugar os días 29 e 30 de abril.

O número de locais participantes está por concretar, pero a hostalería de Cedeira si se implicará na primeira Festa da Pescada da Volante (capturada pola frota local) programada polo Concello, con colaboración da confraría de pescadores, para os días 29 e 30 de abril. Cada negocio participante ofrecerá aos seus clientes durante eses días unha tapa elaborada con pescada de volante de Cedeira (como ingrediente principal), a 1,5 euros, e quen acuda aos locais dispoñerán dunha papeleta para votar polas cinco mellores propostas. O establecemento gañador recibirá un diploma e celebrarase un sorteo entre os clientes que voten, que optarán a unha cea para dúas persoas no local vencedor. O Concello ocuparase da promoción.

 

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN A hostalería sumarase á festa da pescada cun concurso de tapas