A fin de semana en Cedeira arranca o venres coa representación da obra “O consultorio”
A FIN DE SEMANA EN CEDEIRA ARRANCA O VERNES COA REPRESENTACION DA OBRA “O CONSULTORIO” A CARGO DA ASOCIACIÓN PICO DO CASTRO
Acudir ao teatro sempre é unha boa idea para comezar a fin de semana. Ademais, no caso de Cedeira, xa non existen excusas e si posibilidades dende que o pasado día 11 fose inaugurado o Certamen de Teatro Afeccionado, que é unha iniciativa do Concello para achegar a cultura escénica a poboación local.
A función deste venres, que será no auditorio e comezará ás 20.00 horas, correrá a cargo dos membros do grupo amador de teatro da Asociación Pico do Castro, que porán en escena a obra “O Consultorio”.
O certame aínda terá continuidade un venres máis, o día 25, coa representación da obra “Misterios” a cargo da compañía O Aturuxo de Melpómene. É unha peza da que é autora a escritora Paula Carballeira e pensada para todos os públicos.