A festividade de San Antón celebrarase mañá coa tradicional poxa dos roscóns, misa e a actuación da orquestra la bamba
A FESTIVIDADE DE SAN ANTÓN CELEBRARASE MAÑÁ COA TRADICIONAL POXA DOS ROSCÓNS, MISA E A ACTUACIÓN DA ORQUESTRA LA BAMBA
Mañá, a todos os efectos, é festa local en Cedeira. Celébrase a festividade de San Antón que no concello é sinónimo de romería, a que leva aos veciños da vila a desplazarse ata a ermida de San Antón de Corbeira. Un campiño situado a carón da capela acollerá un programa de actos que arrincará ás 12.30 horas coa misa solemne e prolongarase ata a madrugada.
O coral local Virxe do Mar cantará durante o acto relixioso e, unha vez finalizado, a imaxe do santo saldrá en procesión polo adro da iglesia. A actuación da agrupación coral dará paso á de Buxainas, que se encargará de poñer as notas musicais máis tradicionais ao encontro. A continuación, terá lugar a “poxa dos roscóns”, unha tradición local coa que se obtén diñeiro para a celebración da festa. Un total de cinco doces -un sexto se lle dá ao cura-, feitos nunha pastelería da localidade, saen á venda partindo do prezo inicial que fixe a primeira persoa que puxe. A actuación da orquestra La Bamba amenizará tanto as pezas do mediodía como a verbena de pola noite. Con ela pechará o programa festivo na honra de San Antón.