A Festa da Xiba pecha as festas de Cedeira 2017
A FESTA DA XIBA PECHA AS FESTAS DE CEDEIRA 2017
As festas de Cedeira despídense esta fin de semana coa celebración da Festa da Xiba. A praza da Revolta acollerá unha cita gastronómica na que tamén haberá música en vivo. A Comisión de Festas 2017 está á fronte da organización do programa, no que se espera repartir unhas 1.000 racións do producto que se pretende exaltar. A degustación, tanto o sábado como o domingo, será ao mediodía, a partir das 13.00 horas. A racións incluirán unha tapa de xiba en salsa acompañada dun anaco de pan e un vaso de viño. O prezo será de 10 euros.