A Deputación destina 624.000 euros á creación de emprego en 18 municipios da zona
A DEPUTACIÓN DESTINA 624.000 EUROS Á CREACIÓN DE EMPREGO EN 18 MUNICIPIOS DA ZONA
O plan vai dirixido a persoas con dificultades de inserción laboral.
Os 18 concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal con menos de 20.000 habitantes beneficiaranse do Plan de Emprego Local da Deputación, que destina 624.000 euros á zona. As contías varían en función do número de parados e a porcentaxe que representan. O maior montante dedícase a Fene, con 52.000 euros; seguido das Pontes e Pontedeume, con 49.000; Valdoviño, Mugardos e Ares, con 46.000; Cedeira, con 43.000; Ortigueira e Neda, con 40.000; Cabanas e Cariño, con 31.000; San Sadurniño, con 28.000; A Capela, Mañón e Monfero, con 22.000; e As Somozas, Moeche e Cerdido, con 19.000. O plan vai dirixido a persoas con dificultades de inserción laboral. Os operarios contratados farán traballos de recollida e tratamento de lixo, limpeza viaria, melloras en vías ou mantemento de xardíns.
Fonte: A Voz de Galicia
FERROL