A cuadrilla contra incendios xa está operativa
A CUADRILLA CONTRA INCENDIOS XA ESTÁ OPERATIVA
Unha cuadrilla formada por un total de cinco persoas encargarase este verán de velar pola prevención de incendios no ambito territorial de Cedeira. Son os membros do operativo contratado polo Concello á empresa Hallstad Emergencias SL para desbrozar as pistas e propiedades municipais en colaboración co Distrito Forestal con sede en Ferrol. Os traballos xa deron comezo días atrás e prolongaranse ata o mes de setembro. O custo deste operativo ascende a 39.489,50 euros.
Esta medida complementase ademais coa contratación, por segundo ano consecutivo, dun terceiro tractor para intensificar a limpeza de vexetación nas cunetas e noiros. José Piñeiro López é a empresa contratada, por importe de 6.000 euros.
O goberno municipal confía en que estes traballos preventivos axuden a mellorar a seguridade viaria e mesmo a previr os incendios forestais.