Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A cafetería do auditorio acollerá o luns unha charla sobre a polilla Gualtemalteca

A CAFETERÍA DO AUDITORIO ACOLLERÁ O LUNS UNHA CHARLA SOBRE A POLILLA GUALTEMALTECA

A cafetería do auditorio municipal acollerá o luns unha charla organizada pola Consellería de Medio Ambiente sobre a polilla guatemalteca da pataca (tecia solanivora), tamén coñecida como a “colza da pataca”.

A cita, que será ás 20.30 horas, vai dirixida a todos os os cultivadores e ten como finalidade informar sobre a praga e a aplicación das normas establecidas pola Xunta tanto para evitar a plantación como a comercialización e consumo de patacas afectadas por un insecto orixinario de Guatemala que causa a perda de peso e calidade dos tubérculos. O territorio cedeirés, xunto aos concellos de Cariño, Cerdido, Moeche e As Somozas, está dentro da denominada zona tampón. Nesta área existe a obriga de arrincar e destruír patacas sementadas, así como tamén eliminar tanto sementes almacenadas como patacas de autoconsumo que aínda estean gardadas da colleita do ano pasado.

Todas estas explicacións correrán a cargo de Antonio Rivera Martínez, xefe de sección do Servizo de Explotacións Agrarias, e Paulino Rodrígeuz Taracido, xefe de sección da Oficina Agraria Comarcal, con sede en Ortigueira.

Dado o interese e preocupación que o asunto esperta entre a poboación local o Concello de Cedeira confía en que a cita sexa secundada pola presenza masiva de cedeireses.