Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

XESTIÓNS PARA PAGAMENTO DE IMPOSTOS E TAXAS

O Concello de Cedeira ten un modelo de xestión do servizo de recadación compartido coa Deputación Provincial.

Por isto, dependendo da obriga tributaria, será a Deputación ou o Concello o responsable da xestión.

Algúns destes tributos teñen aprobado por parte do Concello exencións e bonificacións nos pagos, que poden consultarse na seguinte ligazón

IR Á LIGAZÓN Consulta dos beneficios fiscais nos tributos municipais

Imposto de Bens Inmobles (IBI) – Contribución

O Concello de Cedeira ten derivada na Deputación da Coruña a xestión e o cobro do IBI.

Pódese consultar toda a información sobre este imposto na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Servizos tributarios da Deputación da Coruña

Calquera dúbida ou suxestión debe ser remitida ao seguinte enderezo electrónico:

atencion.tributaria@dicoruna.es

O período de pagamento voluntario do IBI vai do 15 de setembro ao 21 de novembro.

Imposto sobre o Incremento de Valor de Terreos de Natureza Urbana (IIVTNU) – Plusvalía

O Concello de Cedeira ten derivada na Deputación da Coruña a xestión e o cobro do IIVTNU.

Pódese consultar toda a información sobre este imposto na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Servizos tributarios da Deputación da Coruña

Calquera dúbida ou suxestión debe ser remitida ao seguinte enderezo electrónico:

atencion.tributaria@dicoruna.es

O período de solicitude voluntaria do IIVTNU (presentación da declaración) é de 30 días en caso de transmisión inter vivos. Se a transmisión for mortis causa, este período é de seis meses e, se así se solicita, pode prorrogarse por outros seis.

Logo da presentación, non deberá aboarse o tributo ata a recepción da liquidación do imposto, que será calculada pola Administración.

Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) – Rodaxe

O Concello de Cedeira ten derivada na Deputación da Coruña a xestión e o cobro do IVTM.

Pódese consultar toda a información sobre este imposto na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Servizos tributarios da Deputación da Coruña

Calquera dúbida ou suxestión debe ser remitida ao seguinte enderezo electrónico:

atencion.tributaria@dicoruna.es

O período de pagamento do IVTM vai do 10 de marzo ao 18 de maio.

Imposto sobre as actividades económicas (IAE)

O Concello de Cedeira ten derivada na Deputación da Coruña a xestión e o cobro do IAE.

Pódese consultar toda a información sobre este imposto na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Servizos tributarios da Deputación da Coruña

Calquera dúbida ou suxestión debe ser remitida ao seguinte enderezo electrónico:

atencion.tributaria@dicoruna.es

Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras (ICIO)

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro deste imposto.

Pódese consultar toda a información sobre este imposto na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Servizos tributarios da Deputación da Coruña

Calquera dúbida ou suxestión debe ser remitida ao seguinte enderezo electrónico:

atencion.tributaria@dicoruna.es

A solicitude da licenza de construción, instalación ou obra debe ir acompañada do xustificante de pagamento do imposto de autoliquidación correspondente.
Para coñecer o método de pagamento e o importe en función do tipo de licenza solicitada pódese consultar a sección do Departamento de Urbanismo na páxina oficial do Concello de Cedeira:

IR Á LIGAZÓN Departamento de Urbanismo

Ordenanza fiscal pola prestación de servizos no Centro Sociocultural e as súas instalacións

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

O aboamento desta taxa é obrigatorio para a entrada, a visita e o uso das instalacións do Centro Sociocultural de Cedeira. Non se requiren trámites previos.ociocultural.

Pagarase o importe da entrada no momento de acceder ás instalacións do Centro Sociocultural.

Ordenanza fiscal reguladora da Taxa pola solicitude de licenza para a apertura de calicatas ou gabias en terreos de uso público e calquera remoción do pavimento ou beirarrúas na vía pública

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa. Para coñecer o método de pagamento e o importe en función do tipo de licenza solicitada, pódese consultar a sección do Departamento de Urbanismo na páxina oficial do Concello de Cedeira:

IR Á LIGAZÓN Trámites e cotas a pagar por la licenza para calicatas ou gabias

Ordenanza fiscal núm. 2.4, reguladora da taxa por licenzas de apertura de establecementos

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

A solicitude de licenza de apertura dun establecemento obriga ao pago desta taxa.

Igualmente, deberase aboar a taxa cando se varíe ou amplía a actividade desenvolvida no establecemento (aínda que continúe o mesmo titular), cando se amplíe fisicamente o establecemento, cando se produza calquera alteración que esixa nova verificación por parte do Concello ou cando haxa un cambio de razón social, aínda que a actividade permaneza inalterada.

A solicitude da licenza debe ir acompañada do xustificante de pagamento do imposto de autoliquidación correspondente.

Pódese aboar esta taxa en calquera das seguintes contas:

BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

Banco Sabadell Gallego: ES57 0081 2238 4100 0100 0705

O texto do xustificante do ingreso debe incluír a seguinte información:

Código 32301 + (DNI da persoa solicitante)

Ordenanza fiscal reguladora pola taxa por distribución de auga, incluidos os dereitos de enganche

O cobro da taxa faise mediante recibos trimestrais e está xestionado pola empresa Viaqua.

A subministración ou distribución de auga, as acometidas, ben como a conservación e mantemento do contador e da rede obrigan ao aboamento desta taxa.

Os trámites para a xestión de alta no abastecemento, cambio de titularidade do recibo, pagamento de facturas ou autolectura do contador deberanse facer a través da empresa Viaqua.

Rúa Eduardo Pondal, 6, baixo.

 

De luns a venres, de 9.00 h a 11.00 h.

 

Atención cliente: 900 201 230 (de luns a venres, de 8.00 h – 21.00 h).

 

Incidencias: 900 201 250 (24 horas).

Pódense realizar todos os trámites derivados desta ordenanza a través da páxina web, accesible desde a seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Trámites para o servizo de auga a través de Viaqua

O cobro da taxa farase mediante recibos trimestrais, xestionado pola empresa Viaqua.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servicios na biblioteca

O Concello é o encargado da xestión e cobro desta taxa. Pódese consultar toda a información sobre o servizo da biblioteca municipal na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Información sobre a biblioteca municipal

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación do servizo de matrimonios civís

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

Deberase presentar a instancia de solicitude, xunto coa documentación necesaria, no rexistro do Concello.

A solicitude de matrimonio civil debe ir acompañada do xustificante de pagamento da taxa de autoliquidación correspondente.

Pódese aboar esta taxa en calquera das seguintes contas:

BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

Banco Sabadell Gallego: ES57 0081 2238 4100 0100 0705

O texto do xustificante do ingreso debe incluír a seguinte información:

Matrimonio civil + (data do enlace)

Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de cemiterios municipais e outros servizos fúnebres de carácter local

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

O pagamento desta taxa é obrigatorio cando se solicite a prestación dos servizos do cemiterio municipal, tales como a apertura de sepulturas e nichos, a súa conservación e mantemento e calquera outro servizo autorizado.

Non existen obrigas mensuais ou anuais de pagamento para as persoas usuarias do cemiterio.

O abono das cantidades fixadas polo Concello na ordenanza fiscal, producirase exclusivamente no momento da cesión a perpetuidade do dereito para conservar restos nos nichos, pola concesión de licenza de enterramento e pola apertura de nichos, sepulturas ou panteóns para traslado de restos.

IR Á LIGAZÓN Autoliquidación da taxa de cemiterios

Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

Esta taxa aboarase pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local como consecuencia da realización dunha obra ou da instalación de calquera elemento, independentemente de que se obtivese a correspondente licenza ou autorización.

Dependendo do concepto polo que se solicite a licenza, o pagamento realizarase de xeito periódico e anual ou de xeito puntual.

No caso de pagamento puntual, realizarase mediante autoliquidación e debe presentarse xunto coa solicitude de licenza.

No caso de pagamento periódico, realizarase mediante padrón cobratorio, que ten o seu período de pagamento voluntario entre o 15 de setembro e o 20 de novembro.

As solicitudes que non se rexistren acompañadas do xustificante de pagamento da taxa serán admitidas de maneira provisional, pero non se lles dará curso ata que se emende esta deficiencia. A persoa interesada disporá de dez días para aboar o importe correspondente. De non facelo, a solicitude será arquivada.

Unha vez concedida a licenza, farase a liquidación definitiva. Poderase elevar a liquidación definitiva a autoliquidación presentada ou ben emitir unha nova liquidación, da que se deducirá o importe xa aboado para esixir ou reintegrar ao suxeito pasivo, segundo o caso, as diferenzas existentes.

Se a licenza for denegada, e sempre que a utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público non se efectuasen, a persoa interesada poderá solicitar a devolución do importe da taxa depositado.

Así mesmo, a persoa interesada poderá solicitar a devolución do importe da taxa nos casos en que renuncie á licenza antes de facer uso dela. Se a renuncia ou desistimento se producir con posterioridade á concesión da licenza, non se devolverá a parte da taxa correspondente á tramitación desta.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por aproveitamento especial do dominio público local, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeral

O Concello de Cedeira ten derivada na Deputación de A Coruña a xestión e cobro desta taxa.

Pódese consultar toda a información sobre este imposto na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Servizos tributarios da Deputación da Coruña

Calquera dúbida ou suxestión debe ser remitida ao seguinte enderezo electrónico:

atencion.tributaria@dicoruna.es

Ordenanza fiscal reguladora da taxa de vaos por entradas de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcadoiro exclusivo, parada de vehículos, e de carga e descarga de mercadorías de calquera clase

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa. Pódese consultar toda a información sobre os vaos e as reservas de vía pública na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Información sobre vaos e reservas de vía pública

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización das instalacións deportivas e de prestación de actividades deportivas

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa. Pódese consultar toda a información sobre o uso das instalacións deportivas e as actividades que nelas se desenvolven na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Información de actividades deportivas municipais

IR Á LIGAZÓN Información para reserva unha instalación deportiva

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación da vía pública con postos, barracas ou casetas de venda situados en terreos de uso público local, así coma industrias rueiras e ambulantes

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa. Pódese consultar toda a información sobre a ocupación da vía pública para venda de mercadorías na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Información sobre ocupación de vía pública para venda

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por licenzas de autotaxis e demáis vehículos de aluguer

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

Esta taxa aplícase pola concesión de licenza de taxi, pola autorización da súa transmisión, pola substitución do vehículo asociado a ela e pola expedición de duplicados.

As solicitudes relacionadas coa licenza de taxi deben ir acompañadas do xustificante de pagamento da taxa de autoliquidación correspondente.

Pódese aboar esta taxa en calquera das seguintes contas:

BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

Banco Sabadell Gallego: ES57 0081 2238 4100 0100 0705

O texto do xustificante do ingreso da autoliquidación debe incluír a seguinte información:

Código 32903 + (DNI da persoa solicitante)

As solicitudes que non se rexistren acompañadas do xustificante de pagamento da taxa serán admitidas de maneira provisional, pero non se lles dará curso ata que se emende esta deficiencia. A persoa interesada disporá de dez días para aboar o importe correspondente. De non facelo, a solicitude será arquivada.

Unha vez concedida a licenza, farase a liquidación definitiva. Poderase elevar a liquidación definitiva a autoliquidación presentada ou ben emitir unha nova liquidación, da que se deducirá o importe xa aboado para esixir ou reintegrar ao suxeito pasivo, segundo o caso, as diferenzas existentes.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por licenzas urbanísticas, comunicacións previas e outros servizos urbanísticos

Deben aboar esta taxa as persoas propietarias ou ocupantes dos inmobles en que se executen as obras, construcións ou instalacións.

O Concello encargarase de verificar o uso do solo e subsolo suxeito a licenza municipal ou a trámite de comunicación previa.

Deberá abonar esta taxa quenes sexan propietarios ou ocupantes dos inmobles nos que se realicen as construcións ou instalacións ou se executen as obras.

E derivada da execución destas obras, recae a actividade municipal, tanto técnica e administrativa, tendente a verificar os actos de edificación e uso do solo e subsolo suxeitos a licencia municipal ou a trámite de comunicación previa.

A solicitude de licenza, comunicación previa ou calquera outro servizo urbanístico debe ir acompañada do xustificante de pagamento da taxa correspondente.

Pódese consultar toda a información sobre os servizos urbanísticos na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Información sobre licenzas, comunicacións previas e servizos urbanísticos

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación do servicio recollida de residuos

O Concello de Cedeira ten derivada na Deputación da Coruña a xestión e cobro desta taxa.

Deben aboar o importe correspondente as persoas que ocupen, utilicen ou dispoñan de vivendas ou locais suxeitos á taxa.

Pódese consultar toda a información sobre esta taxa na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Servizos tributarios da Deputación da Coruña

Calquera dúbida ou suxestión debe ser remitida ao seguinte enderezo electrónico:

atencion.tributaria@dicoruna.es

O pagamento da taxa ten periodicidade anual e debe aboarse en período voluntario entre o 15 de setembro e o 20 de novembro.

O trámites administrativos para darse de alta neste servizo ou para realizar calquera modificación nos datos da persoa contribuínte realízanse no Concello.

Ordenanza reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con valos, estadas, guindastres e outras instalacións análogas

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

Debe aboarse esta taxa cando o Concello autorice a ocupación de terreos públicos locais con valos, estadas, guindastres, básculas e outras instalacións destinadas a protexer a vía pública do efectos de eventuais obras.

A solicitude de licenza de ocupación da vía pública con valos, estadas, guindastres e outras instalacións análogas debe ir acompañada do xustificante de pagamento da taxa de autoliquidación correspondente.

O ingreso terá carácter de depósito previo. A liquidación elevarase a definitiva cando se conceda a licenza. Se esta for denegada, a persoa interesada poderá solicitar a devolución do importe depositado.

Pódese aboar esta taxa en calquera das seguintes contas:

BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

Banco Sabadell Gallego: ES57 0081 2238 4100 0100 0705

O texto do xustificante do ingreso da autoliquidación debe incluír a seguinte información:

Código 33903 + (DNI da persoa solicitante)

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras e outros elementos análogos con finalidade lucrativa

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

O pagamento da taxa é obrigatorio para as persoas físicas e xurídicas que aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, independentemente de que se obtivese a correspondente licenza ou autorización.

O período de pagamento voluntario desta taxa vai do 1 de xuño ao 30 de setembro. A solicitude de licenza inicial debe ir acompañada do xustificante de pagamento da taxa de autoliquidación correspondente. Nos seguintes exercicios, o pagamento farase a través de recibo emitido polo Concello. O espazo público só poderá utilizarse logo de obter a correspondente licenza ou autorización.

Unha vez concedida a licenza, farase a liquidación definitiva. Poderase elevar a liquidación definitiva a autoliquidación presentada ou ben emitir unha nova liquidación, da que se deducirá o importe xa aboado para esixir ou reintegrar ao suxeito pasivo, segundo o caso, as diferenzas existentes.

IR Á LIGAZÓN Autoliquidación da taxa de terrazas

Pódese aboar esta taxa en calquera das seguintes contas:

BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

Banco Sabadell Gallego: ES57 0081 2238 4100 0100 0705

O texto do xustificante do ingreso da autoliquidación debe incluír a seguinte información:

Código 33500 + (DNI da persoa solicitante)

Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de rede de saneamento e tratamento e depuración de augas residuais

O Concello ten delegada na empresa Viaqua a xestión e cobro desta taxa.

A subministración ou distribución de auga, as acometidas, ben como a conservación e mantemento do contador e da rede obrigan ao aboamento desta taxa.

Os trámites para a xestión de alta no abastecemento, cambio de titularidade do recibo, pagamento de facturas ou autolectura do contador deberanse facer a través da empresa Viaqua.

Rúa Eduardo Pondal, 6, baixo.

 

De luns a venres, de 9.00 h a 11.00 h.

 

Atención cliente: 900 201 230 (de luns a venres, de 8.00 h – 21.00 h).

Incidencias: 900 201 250 (24 horas).

Pódense realizar todos os trámites derivados desta ordenanza a través da páxina web, accesible desde a seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Trámites para o servizo de auga a través de Viaqua

O cobro da taxa faise mediante recibos trimestrais e está xestionado pola empresa Viaqua.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola participación en probas selectivas

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

Deben aboar esta taxa as persoas participantes nos procedementos de selección de persoal, tales como oposicións, concursos ou calquera proba selectiva de acceso ao cadro de persoal do Concello de Cedeira ou, no caso, organismos autónomos ou sociedades mercantís que sexan propiedade do Concello. Isto é aplicable a procesos selectivos para postos de funcionariado, persoal fixo, persoal interino ou para a formación de bolsas de traballo. Quedan excluídos, por tanto, os procesos selectivos derivados de programas de fomento do emprego e outras iniciativas similares.

A solicitude para participar nun proceso selectivo debe ir acompañada do xustificante de pagamento da taxa de autoliquidación correspondente.

Pódese aboar esta taxa en calquera das seguintes contas:

BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

Banco Sabadell Gallego: ES57 0081 2238 4100 0100 0705

O texto do xustificante do ingreso da autoliquidación debe incluír a seguinte información:

Código 32901 + (DNI da persoa solicitante)

Ordenanza reguladora da taxa por tendidos, tubaxes e galerías para a condución de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído, incluídos os postes para liñas, cables, palomillas, etc., sobre a vía pública

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

Deben aboar esta taxa as persoas que aproveiten especialmente o dominio público en beneficio particular con tendidos, tubaxes e galerías para a distribución de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído, incluídos os postes para liñas, cables, escuadros, caixas de amarre, distribución ou rexistro, transformadores, raís, básculas, aparellos para venda automática e outros elementos análogos.

A solicitude inicial debe incluír unha declaración detallada das instalacións que se van realizar e os planos correspondentes. Ademais, debe ir acompañada do xustificante de pagamento da taxa de autoliquidación en concepto de depósito previo.

Unha vez aprobada a solicitude, o tributo recadarase anualmente mediante padrón municipal.

Pódese aboar a taxa en calquera das seguintes contas:

BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

Banco Sabadell Gallego: ES57 0081 2238 4100 0100 0705

O texto do xustificante do ingreso da autoliquidación debe incluír a seguinte información:

Código 33200 + (DNI da persoa solicitante)

Ordenanza reguladora do prezo público por actividades culturais e deportivas

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

Deberase realizar depósito previo do importe antes do inicio da actividade. Este depósito previo só se devolverá baixo dúas condicións: que a persoa interesada solicite a devolución e que a actividade non se realice por causas non imputables á persoa interesada.

Ordenanza reguladora do prezo público dos usuarios do servizo de axuda no fogar do Concello de Cedeira

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

Están obrigadas ao pagamento do prezo público regulado mediante a presente Ordenanza as persoas usuarias do servizo de axuda no fogar do Concello de Cedeira. Considerase persoa usuaria aquela para a cal se solicita o servizo. Se a persoa beneficiaria carecer da capacidade de obrar, a obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación ou titoría legais.

As liquidacións de prezos practicaranse mediante recibo mensual das horas asignadas. Os recibos deben pagarse nos dez primeiros días naturais do mes seguinte ao da prestación do servizo. En caso de desaxuste entre as horas previstas e as horas reais prestadas, o importe regularizarase o mes seguinte.

Ordenanza reguladora do prezo público polo servizo público da escola infantil municipal

A Xunta de Galicia encárgase da xestión e cobro desta taxa, por tratarse dun centro pertencente á Rede de Escolas Infantís “A Galiña Azul”.

Pódese consultar toda a información sobre esta iniciativa na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Escola Infantil de Cedeira da rede “Galiña Azul”

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos

O pago desta taxa é obrigatorio da tramitación, a instancia de parte, dos documentos que se sinalan no artigo sétimo da ordenanza (Por cada certificación a través do punto de información catastral, por expedición de copias do catastro histórico, por cada copia, por autorizacións para a tenza de animais potencialmente perigosos. (Por cada animal), e pola expedición de copias de atestados da Policía Local).

A solicitude de documento debe ir acompañada do xustificante de pagamento da taxa de autoliquidación correspondente.

Pódese aboar a taxa en calquera das seguintes contas:

BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

Banco Sabadell Gallego: ES57 0081 2238 4100 0100 0705

O texto do xustificante do ingreso da autoliquidación debe incluír a seguinte información:

Expedición documentos + (DNI da persoa solicitante)