XEORUTAS

O prazo de inscrición para a Semana Santa está aberto para as persoas que queiran participar, e as reservas de prazas lévanse a cabo :

  • Na oficina de turismo situada no Palacete Municipal:
    • De luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas; de martes a venres polas tardes, de 17.00 a 19.00 horas; e os sábados, de 11.00 a 14.00 horas.
    • Xoves Santo: de 9.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas
    • Venres Santo: 9.00 a 14.00 horas
    • Sábado Santo: de 11.00 a 14.00 horas
  • Online (Consulte o menú más abaixo INSCRICIÓN ONLINE)

As coñecidas como Xeorutas, visitas guiadas de contido xeolóxico, volven cobrar protagonismo dentro dunha programación pensada para as familias e afeccionados á natureza e espazos ao aire libre. Haberá saídas o mércores, xoves, venres e sábado.

Día 17: Ruta do Litoral. Consiste nun paseo xeolóxico pola contorna do porto de Cedeira e da praia da Madalena e na que, ademais, se inclúe unha visita ao xacemento arqueolóxico da Punta Sarridal. De dificultade baixa e de tres horas de duración, a experiencia dará comezo ás 10.30 horas e finalizará ás 13.30 horas.

Día 18: Ruta Os Cantís. Con esta xeoruta existe a posibilidade de contemplar unhas impresionantes vistas panorámicas da Serra da Capelada, descubrindo así unha salientable estrutura xeolóxica de máis de 400 metros de altitude e rochas de hai millóns de anos. Ten unha dificultade baixa e a actividade levarase a cabo en horario de 16.00 a 19.00 horas.

Día 19: Ruta Praia de Areas Negras. Esta saída permite coñecer a que está considerada como a única praia de area negra non volcánica do planeta e tomar contacto cos cantís máis altos da Europa continental. Neste caso a dificultade é alta e a saída dará comezo ás 10.00 para finalizar ás 16.00 horas.

Día 20: Ruta do Cromo. Trátase dunha zona que xeoloxicamente destaca pola presenza de rochas moi pouco habituais na superficie do noso planeta. Asociadas a elas foron descubertas acumulacións de minerais de cromo e platino. É de dificultade baixa é prolongarase entre as 16.00 e as 20.00 horas.

Pode descargarse toda a información referente ás catro Xeorutas propostas na seguinte ligazón:


VER PDF Xeorutas Cedeira (Galego)


VER PDF Xeorutas Cedeira (Castelán)

Para máis información, pode poñerse en contacto coa oficina de turismo sita na Avda. Castelao, s/n – Teléfono 981 482 187