Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Virxe do Mar

Un ano máis chega o momento de rememorar os actos na honra na nosa patroa, a Virxe do Mar.

É motivo suficiente para invitarvos a todas e a todos a participar, de forma activa, nestas festas patronais e a que disfrutedes de aqueles actos programados que máis vos interesen.

Coma sempre pensamos nunhas festas para todos con actos moi variados pensando en todas as idades dos nosos veciños, dende os máis pequerrechos ata os máis maiores e da gran cantidade de veraneantes que pasan as súas vacacións na nosa fermosa vila.

Aproveito tamén para agradecer á comisión de festas deste ano a súa entrega e o seu esforzo, aos traballadores municipais polo seu traballo diario, así como a todos os veciños e veciñas xunto coas empresas locais pola sua colaboración para que estas festas tan especiais para nos sexan unha realidade.

Un saúdo

Pablo Diego Moreda Gil