saltar al contenido Saltar a la barra lateral izquierda Saltar a pie de página

Varias madres se están movilizando para extenderse debido a que el preescolar

Oficiales para MADRES movilizará una extiende NIÑOS XA ESCOLARES

Tres novos nais de Cedeira emprenderon unha campaña de recollida de firmas para esixir a ampliación da escola infantil. Hai uns 18 nenos en lista de espera para entrar no centro da rede A Galiña Azul en setembro, polo menos 15 para a aula dun a dous anos. «Non é xusto, porque todos teñen o mesmo dereito de ir e nun pobo como Cedeira, onde aumentou moito a natalidade en 2016, ampliala é unha necesidade», opina Estíbaliz, unha das impulsoras desta iniciativa, cun bebé de oito meses. «Traballamos os dous e os meus pais tamén, e os meus sogros viven fóra, non temos a quen recorrer e hai días que acabo traéndome ao neno á tenda ou levándoo na mochila a colocar un estor», conta, disposta a pelexar aínda que a solución xa chegue tarde, polo menos para o seu primeiro fillo.

«Eu hei ter sorte, a miña si que ten praza, pero estou a axudarlles a outras nais. Hai xente que está a levar aos seus fillos a parques lúdicos, que case están a funcionar como gardería pola mañá, pero para os bebés non é o sitio adecuado», sinala Sabela. A terceira proxenitora implicada na mobilización ha ter que renunciar a un posible emprego ao non ter escola infantil nin ninguén que poida coidar ao seu bebé. O día do feirón montarán unha mesa para recoller firmas, como xa fan en bares e comercios da vila. «Aquí non hai alternativa, a Xunta sacou o bono concilia para levar aos nenos a unha gardería privada onde non haxa prazas na pública, pero aquí ¿de que nos serve?», pregúntase Estíbaliz. O Concello apoia as súas demandas e esixe á Xunta que axilice unha actuación moi demandada.
Fuente: La Voz de Galicia
Puede consultar la noticia en el siguiente enlace:
Ir al enlace Varias madres de movilizar, ya que aumenta la edad preescolar