SOLICITUDE DE LICENZA DE CALICATAS E GABIAS

De maneira xeral, requirirán a solicitude desta licenza todas aquelas obras que supoñan unha remoción de pavimentos ou beirarrúas na vía pública e a apertura en terreos de uso público local de gabias, catas e calas para:

a) A instalación e reparación de canos, conducións e outras instalacións.

b) Colocación de raís ou carrís.

c) Colocación de postes, farois, etc.

d) Construción, supresión ou reparación de pasos de carruaxes.

No caso de ter previsto acometer algunha obra para a que se precise esta licenza, os trámites que se deben realizar son os seguintes:

A información que se debe achegar é a sinalada na propia solicitude e deberá entregarse conxuntamente coa solicitude debidamente cuberta.

Acudir ao Concello coa solicitude cuberta e a documentación anexa para a preparación do documento de autoliquidación da taxa.

A ordenanza municipal que regula a taxa que se debe aboar derivada da solicitude desta licenza pode ser consultada na seguintes ligazóns:


VER PDF Taxa por solicitude de licenza para a apertura de catas ou gabias en terreos de uso público e calquera remoción do pavimento ou beirarrúas na vía pública


DESCARGAR WORD Taxa por solicitude de licenza para a apertura de catas ou gabias en terreos de uso público e calquera remoción do pavimento ou beirarrúas na vía pública

Para aboar os importes derivados da autoliquidación, poden realizarse os respectivos ingresos nas seguintes contas do Concello:

BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

Banco Sabadell Gallego: ES57 0081 2238 4100 0100 0705

O texto do xustificante de ingreso da autoliquidación (concepto), debe incluír a seguinte información:

Código 33400 + (DNI do solicitante la licenza).

Rexistro xeral municipal

Casa do Concello, Rúa Real nº15.

 

De luns a venres: de 9.00 a 14.00 h. Sábados: de 10.00 a 13.00 h.

 

981 480 000 (extensión 6).

 

IR Á LIGAZÓN Rexistro electrónico

Unha vez realizada a entrega da documentación necesaria para a concesión da licenza, o Concello de Cedeira ten un prazo máximo de tres meses para conceder ou denegar a solicitude.

Logo da concesión da licenza, o solicitante pode iniciar as obras nas condicións explicitadas na autorización concedida polo Concello.

Logo da finalización das obras, o solicitante debe comunicar este feito ao Concello para, de ser o caso, proceder á liquidación definitiva das obrigas tributarias por parte dos departamentos municipais.