Logo da realización de obras e unha vez obtido o certificado da dirección facultativa da obra conforme estas están xa rematadas, deberase solicitar a licenza de primeira ocupación.

Esta licenza acredita que as obras foron executadas de conformidade co proxecto para o que a licenza foi concedida e que se atopan debidamente terminadas e aptas segundo as determinacións urbanísticas.

Os trámites que se deben realizar para a obtención da licenza de primeira ocupación son os seguintes:

  • 1. Cubrir a solicitude de licenza de primeira ocupación

  • 2. Achegar a documentación requirida na solicitude

    Na solicitude de licenza poderá coñecer cal é a documentación que debe achegar, dependendo do tipo de obra realizada.

  • 3. Pagar a autoliquidación

    Se quere consultar o importe que debe pagar e as contas onde pode realizar o ingreso, utilice a calculadora á súa disposición.

    IR Á LIGAZÓN CALCULADORA

  • 4. Presentar a solicitude de licenza, a documentación requerida e o pago da autoliquidación no Rexistro do Concello de xeito físico en dependencias municipais, ou vía rexistro electrónico

    Rexistro xeral municipal
    Casa do Concello, Rúa Real nº15.

     

    De luns a venres: de 9.00 a 14.00 h. Sábados: de 10.00 a 13.00 h.

     

    981 480 000 (extensión 6).

     

    IR Á LIGAZÓN Rexistro electrónico

  • 5. Concesión de licenza de primeira ocupación por parte do órgano municipal correspondente

    Unha vez realizada a entrega da documentación necesaria para a concesión da licenza de primeira ocupación, o Concello de Cedeira ten un prazo máximo de tres meses para conceder ou denegar a solicitude.