A normativa urbanística obriga a presentar solicitude de autorización para a ocupación do subsolo, solo e voo da vía pública con valos, estadas, guindastres, material de construción e outras instalacións análogas.

No caso de ter previsto acometer algunha obra para a que se precise esta licenza, os trámites que se deben realizar os seguintes:

  • 1. Cubrir a solicitude de licenza para a ocupación do subsolo, solo e voo

    Débense definir o tipo de superficie afectada e a lonxitude e anchura da apertura.


    VER PDF Ocupación da vía pública (subsolo, solo e voo)


    DESCARGAR WORD Ocupación da vía pública (subsolo, solo e voo)

  • 2. Achegar documentación requirida na solicitude

    A información que se debe achegar é a sinalada na propia solicitude e deberá entregarse conxuntamente coa solicitude debidamente cuberta.

    • Fotocopia do NIF, NIE ou CIF.
    • Esbozo acoutado da situación.
    • Esbozo de emprazamento.
    • Certificado de riscos laborais (no caso de ocupación con andamiosestadas).
  • 3. Pagamento da autoliquidación

    A ordenanza municipal que regula a taxa que se debe aboar derivada da solicitude desta licenza pode ser consultada na seguintes ligazóns.


    VER PDF Ordenanza fiscal Ocupación vía pública con valos, estadas, guindastres, material  de  construción  e outras 

    Para aboar os importes derivados da autoliquidación, poden realizarse os respectivos ingresos nas seguintes contas do Concello:

    BBVA:  ES70 0182 0622 4100 0000 0055

    La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

    Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

    Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

    Banco Sabadell Gallego: ES57 0081 2238 4100 0100 0705

    O texto do xustificante de ingreso da autoliquidación (concepto), debe incluir a seguinte información:

    Código 33903 + (DNI do solicitante la licenza).

  • 4. Presentar a solicitude de licenza, a documentación requirida e o xustificante de pagamento da autoliquidación no Rexistro do Concello de xeito físico en dependencias municipais ou vía rexistro electrónico

    Rexistro xeral municipal

    Casa do Concello, Rúa Real nº15.

     

     De luns a venres: 9.00 a 14.00 h. Sábados: de 10.00 a 13.00 h.

     

     981 480 000 (extensión 6).

     

    IR Á LIGAZÓN Rexistro electrónico

  • 5. Concesión de licenza por parte do órgano municipal correspondente

    Unha vez realizada a entrega de documentación necesaria para a concesión da solicitude de licenza, o Concello de Cedeira ten un prazo máximo de tres meses para conceder a solicitude. Transcorrido este prazo entenderase que a solicitude está desestimada.

  • 6. Inicio da ocupación do subsolo, solo e voo da vía pública

    Logo da concesión da licenza, o solicitante pode iniciar a ocupación da vía publica nas condicións explicitadas na autorización concedida polo Concello.

  • 7. COMUNICACIÓN DA FINALIZACIÓN DA OCUPACIÓN E LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DA TAXA

    Logo da finalización da ocupación da vía pública, o/a solicitante debe comunicar este feito ao Concello para, de ser o caso, proceder á liquidación definitiva das obrigas tributarias por parte dos departamentos municipais.