Medidas destinadas a garantir recursos básicos para as persoas desfavorecidas.

  • Alimentos da Cruz Vermella: reparto de alimentos procedentes de excedentes de produción da Unión Europea dirixidos a familias en situación económica precaria.
  • Emerxencia social: axuda de pagamento único destinada a paliar necesidades específicas de carácter básico e urxente.
  • Interese social e humanitario: medidas destinadas á cobertura de necesidades de carácter básico e urxente.
  • Risga (Renda de Integración Social de Galicia): prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos básicos de subsistencia
  • Programa de acollida e acompañamento de persoas sen fogar.

Pódense consultar o regulamento de axudas de emerxencia social e as axudas que se ofrecen desde o Concello nas seguintes ligazóns:


VER PDF Regulamento de prestación de axudas de emerxencia social


DESCARGA WORD Regulamento de prestación de axudas de emerxencia social

Para a tramitación de solicitudes ou para obter máis información sobre estes recursos, é preciso concertar unha entrevista cos servizos sociais do Concello. Para solicitar a cita, pódese acudir ás oficinas do departamento ou chamar por teléfono.

Centro Sociocultural, rúa do Convento, s/n, 3o andar.

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h

981 492 179