Seminario sobre eficiencia enerxética no IES Punta Candieira
SEMINARIO SOBRE EFICIENCIA ENERXÉTICA NO IES PUNTA CANDIEIRA
Hoxe deu comezo no instituto Punta Candieira de Cedeira o primeiro Seminario de Introdución á Eficiencia Enerxética. Trátase dunha actividade que terá unha duración de 40 horas e que será impartida por un cadro de cinco docentes.
O programa inclúe sesións sobre a enerxía, o mercado enerxético, a eficiencia nas empresas, as renovables e a iluminación interior e exterior, entre outros temas. A convocatoria está dirixida tanto a desempregados como a persoas en activo que teñan interese en explorar o campo da eficiencia enerxética, así como os distintos modelos de negocio existentes a través de innovadoras fórmulas de inversión.
A actividade, que se desenvolverá ata o día 28 de outubro, impartirase en horario de mañá, de 9.00 a 13.00 horas. O seminario foi unha iniciativa da Concellería de Medio Ambiente e a súa realización enmárcase dentro do plan municipal sobre eficiencia enerxética.