RESULTADOS DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

O xurado do I Concurso de Fotografía “Obxectivo Cedeira” fallou coa seguinte orde:

1º premio – 600 € – “Cuidar del pueblo para los hijos” de Juan Quintía Valencia

2º premio – 300 € – “A miña mina” de Juan Luís Rúa Prieto

3º premio – 100 € – “No Condomiñas” de Manuel Ángel Bereijo Freire

 

Os accésits para artistas locais residentes en Cedeira, de 50 €, foron para as obras

“Calas Robaleira” de Iria Freire Pérez e

“614” de Iago González Bellón.

O total das 33 obras participantes no concurso poderán verse no Palacete Municipal, desde hoxe 1 de xullo ata o domingo 10 de xullo, no horario habitual da Oficina de Turismo/Sala de Exposicións.