RESERVA DUNHA INSTALACIÓN CULTURAL

O Concello de Cedeira conta con instalacións municipais que poden ser reservadas ou alugadas para actividades culturais e turísticas.

Pode consultar usos e fotografías destas instalacións nas seguintes ligazóns:

Con 240 localidades, o auditorio municipal acolle actividades culturais que precisan dun espazo amplo para o público. Cinema, teatro, concertos e diferentes actuacións organizadas desde a escola e o instituto teñen cabida nas súas instalacións. Desenvólvense tamén, sobre todo no Nadal e no mes de xuño, espectáculos feitos polas distintas asociacións culturais e musicais de Cedeira.

VER GALERÍA DO AUDITORIO MUNICIPAL

Ademais de albergar a oficina de turismo, conta con salas de exposición de varios tamaños e adaptables para diferentes eventos.

VER GALERÍA DA SALA DE EXPOSICIÓNS

Situada no casco vello de Cedeira, pode consultar as súas instalacións na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Biblioteca municipal de Cedeira

Trátase dun espazo diáfano multifuncional que pode servir para un amplo abano de actividades.

VER GALERÍA DA SALA ÁNCORA

Para coñecer a dispoñibilidade de locais, datas, horarios e tarifas, pode poñerse en contacto co departamento.

649 876 614

enrique.vazquez@cedeira.es