Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Recuperan do leito do río Condimiñas váteres, neumáticos e moitos ferros e plásticos

RECUPERAN DO LEITO DO RÍO CONDIMIÑAS VÁTERES, NEUMÁTICOS E MOITOS FERROS E PLÁSTICOS

Neumáticos, váteres, ferros, botellas e moitos recipientes de plástico foron algúns dos obxectos recuperados o pasado sábado do leito do río Condomiñas como resultado da acción levada a cabo por voluntarios e membros da Asociación de Amigos dos ríos de Cedeira en colaboración coa concellería de Medio Ambiente do Concello.

A iniciativa reuniu a unha ducia de persoas que, desde as once da mañá, se dedicaron a sacar á superficie os refugallos tirados ao río por xente moi pouco restectuosa co medio ambiente, tal y como explicou o responsable municipal de Medio Ambiente e membro da entidade ecoloxista, Camilo Casal. O edil calificou o que se atopou o pasado sábado no río como “unha barbarie digna de hai 500 anos”.

Os obxectos recuperados serán agora depositados no punto limpo do Concello, un servizo de carácter gratuíto para os veciños de Cedeira e que abre ao público todos os mércores de 15.30 a 19.30 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 horas.