Dirección:

Rúa Real, 15 – 15350 Cedeira

Horario:

mércores – de 10:00 h. a 13:00 h.

Normativa:

Resolución do 29 de marzo de 2005, da Dirección Xeral do Catastro, pola que se aproba o réxime xurídico de establecemento e funcionamento dos Puntos de Información Catastral.

Servizos que ofrece o Punto de Información Catastral:

  • Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.

Entidades autorizadas para a prestación do servizo:

As corporacións locais e as demais administracións públicas, así como os entes e organismos delas dependentes.

Requisitos:

Libre acceso para a consulta e certificación de datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos Nacional do Catastro.

Ser titular catastral, ou o seu representante ou a persoa autorizada polo titular, para a consulta e certificación dos datos catastrais protexidos dos inmobles da súa titularidade.

Documentación:

Acreditación da identidade. Documento Nacional de Identidade.
Acreditación, se é o caso, da representación ou da autorización.

Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre os Puntos de Información Catastral unicamente permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral.

Polo tanto, a falta de coincidencia entre o NIF de quen figure como titular catastral e do solicitante, actúe por se ou por representación, determina que non poida ser atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención da xerencia /subxerencia do catastro, ao que o interesado debe desprazarse ou ben dirixir un escrito describindo a situación particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos.Tampouco poderanse atender no Punto de Información Catastral as solicitudes dos que se amparen nalgún dos supostos de interese lexítimo e directo establecidos no artigo 53 do texto refundido da Lei do catastro inmobiliario.