O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal elaborou unha estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) para o período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, que foi aprobada pola Consellería do Mar.

O GALP é unha entidade colaboradora da Consellería do Mar na dobre vertente de axente de desenvolvemento na aplicación da EDLP da zona pesqueira, e na xestión e o control das axudas que se tramiten para o desenvolvemento da devandita estratexia.

Os proxectos desenvoltos no Concello de Cedeira polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro de A Mariña-Ortegal son:

  • DRAFT BIENNIAL "between arcs and Song"

    O concello de Cedeira, xunto cos concellos de Ribadeo, e Burela participa nun proxecto conxunto que pretende potenciar e por en valor o patrimonio natural e cultural destas zonas pesqueiras, especialmente a través da súa xeodiversidade.

    O proxecto, financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro de A Mariña-Ortegal, dentro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, esténdese nas anualidades 2016 e 2017, e pretende establecer unha estratexia de turismo sostible mediante a planificación e posta en valor dos seus recursos. O importe da axuda é de 149.808,57 €

  • PROXECTO “A CULTURA DO MAR, EXALTACIÓN DOS PRODUTOS MARISQUEIROS DE CEDEIRA”

    The municipality of Cedeira and the Fishermen's Association of Cedeira participating in the joint project "A Cultura do Mar, exaltación dos productos marisqueiros de Cedeira”, financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro de A Mariña-Ortegal, dentro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

    O proxecto, que ten como obxectivo dinamizar a venda dos productos do mar da zona, axudar na integración das persoas deste sector e potenciar o turismo, recibiu unha subvención de 24.053,42 €.

  • PROXECTO “O SENTIR MARIÑEIRO: ACHEGA DO MAR Á TERRA A TRAVÉS DOS RECURSOS E ARTES PESQUEIRAS”

    O concello de Cedeira xunto coa Confraría de Pescadores de Cedeira, colaboran no proxecto conxunto “O sentir mariñeiro”, que ten como obxectivo incrementar o emprego e a cohesión do territorio, Este proxecto trata de xerar un sentir propio ligado ao coñecemento dos medios ao través dos cales os mariñeiros e mariscadores de Cedeira proporcionan o producto final, pondo en valor o patrimonio e reforzando a identidade.

    Este proxecto está financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro de A Mariña-Ortegal, dentro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, para a cal o proxecto obteu unha subvención de 90.813,20 €.