Prohibido acceder con vasos de cristal á praza da Revolta en verbenas e concertos por seguridade
PROHIBIDO ACCEDER CON VASOS DE CRISTAL Á PRAZA DA REVOLTA EN VERBENAS E CONCERTOS POR SEGURIDADE
A medida aplicouse o fin de semana e seguirá na actuación de Loquillo desta noite.
A primeira gran verbena das festas de Cedeira, con orquéstra Panorama, abarrotou a vila. A Policía Local cifra entre oito mil e dez mil as persoas que se congregaron na localidade. O sábado, onte á noite con París de Noya, e hoxe co concerto de Loquillo, prohíbese o acceso á praza dá Revolta, onde se celebran estas actuacións, con vasos ou botellas de cristal, a fin de evitar cortes e outras posibles lesións. Unha moza tivo que ser atendida polos servizos sanitarios despregados na praza da Revolta, con lesións na cara tras unha pelexa con outra moza. Ocorreu pasada a unha da madrugada do sábado ao domingo. Tamén apareceu feita cachizas a cristaleira da porta da estación de autobuses e unha moza que regresaba á súa casa, en Ferrol, sobre as 8.30 horas de onte, chocou co seu coche contra un automóbil estacionado á saída de Cedeira. O resultado da proba de alcoholemia que lle practicou a Policía Local foi negativo. Varias persoas denunciaron a perda de chaves (de casa ou do coche) e carteiras durante a noite.
Fonte: La Voz de Galicia
Pode consultar a nova na seguinte ligazón: