O Concello de Cedeira ofrece numerosos beneficios fiscais aplicables ás ordenanzas sobre impostos, taxas e prezos públicos.

Toda a información sobre impostos, taxas e prezos públicos do Concello de Cedeira pódese consultar na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Xestións para pagos de impostos e taxas

A seguir pódese ver un resumo das exencións e bonificacións fiscais recollidas nas ordenanzas vixentes:

Imposto de Bens Inmobles I.B.I.(contribución)

  • BONIFICACIÓN PARA INMOBLES QUE CONSTITÚAN O OBXECTO DA ACTIVIDADE DE EMPRESAS DE URBANIZACIÓN, CONSTRUCIÓN OU PROMOCIÓN

    Os inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria (tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta) e que non figuren entre os bens do inmobilizado da persoa interesada teñen dereito a unha bonificación do 50% da cota íntegra do IBI. Esta bonificación debe solicitarse antes do inicio das obras.

    O prazo máximo de aplicación desta bonificación é de tres períodos impositivos e vai do período impositivo seguinte a aquel no que se inicien as obras ata o posterior ao seu remate, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construción efectiva.

    Agás precepto legal que indique o contrario, esta bonificación non é compatible con ningunha

  • BONIFICACIÓN PARA VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL (E AS QUE SEXAN EQUIPARABLES CONFORME A NORMATIVA DA XUNTA DE GALICIA)

    As vivendas de protección oficial (e as que sexan comparables a estas conforme a normativa da Xunta de Galicia) teñen dereito a unha bonificación do 50% da cota íntegra do imposto durante os tres períodos impositivos seguintes ao do outorgamento da cualificación definitiva.

    Esta bonificación debe solicitarse antes do fin dos tres períodos impositivos da súa duración. De ser concedida, terá efecto desde o período impositivo anterior ao da solicitude.

    Esgotados estes tres anos de bonificación do 50%, durante os tres seguintes ofrécese unha bonificación do 40%, o 25% e o 10% respectivamente. Para isto, a persoa interesada debe presentar a solicitude no ano anterior ao inicio e achegar un certificado de empadroamento que demostre que vive no inmoble obxecto da bonificación e unha declaración responsable na que se comprometa a continuar sendo o seu titular.

    Esta bonificación é compatible coa bonificación a favor dos suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa.

  • Bonificación ás cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra

    Os inmobles rústicos de cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra teñen dereito a unha bonificación do 95% da cota íntegra do IBI, segundo o establecido na Lei 20/1990, do 19 de decembro, sobre o Réxime fiscal das cooperativas.

    Agás precepto legal que indique o contrario, esta bonificación non é compatible con ningunha outra.

  • Bonificación a favor dos suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa

    Os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titular de familia numerosa (tanto de categoría xeral como de categoría especial) teñen dereito a bonificación sobre a cota íntegra do IBI aplicable ao inmoble de carácter residencial destinado a vivenda habitual.

    A porcentaxe de bonificación varía en función do valor catastral do inmoble, como se mostra na seguinte táboa:

    valor catastral bonificación
    < 30.000,00 € 90%
    30.000,01 € – 40.000,00 € 70%
    40.000,01 € – 50.000,00 € 50%
    50.000,01 € – 60.000,00 € 20%
    > 60.000,01 € 0%

    En todo caso, para a aplicación da bonificación, a suma dos valores catastrais de todos os bens inmobles sitos no Concello de Cedeira do suxeito pasivo titular da familia numerosa (ou dalgún dos seus membros) non pode superar os 100.000,00 €.

    A solicitude da bonificación debe presentarse antes do 31 de marzo do ano correspondente ao período impositivo en que debe ter efecto.

    Esta bonificación é compatible coa bonificación de vivendas de protección oficial (e as que sexan equiparables a estas conforme a normativa da Xunta de Galicia).

  • BONIFICACIÓN PARA INMOBLES URBANOS SITUADOS EN NÚCLEOS RURAIS

    Os inmobles urbanos situados en núcleos rurais (recoñecidos como tales no vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal) teñen dereito a unha bonificación do 35% da cota íntegra do IBI.

    A administración municipal aplica directamente esta bonificación con base na información facilitada pola xerencia do catastro.

    Esta bonificación é compatible con todas as demais.

Imposto sobre o Incremento de Valor de Terreos de Natureza Urbana I.I.V.T.N.U (plusvalía)

  • Exencións

    Están tamén exentos deste imposto, os incrementos de valor cando o suxeito pasivo corresponda con algunha das seguintes persoas ou entidades:

    1. O Estado e os seus organismos autónomos de carácter administrativo.
    2. A Comunidade Autónoma de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña e os seus organismos autónomos de carácter administrativo.
    3. O Concello de Cedeira e as entidades locais integradas no mesmo ou que formen parte del, así como os seus respectivos organismos autónomos de carácter administrativo.
    4. As institucións que teñan a cualificación de benéficas ou benéfico-docentes.
    5. As entidades xestoras da Seguridade Social e de mutualidades e montepíos constituídas conforme o previsto na Lei 33/1984, do 2 de agosto, sobre a ordenación do seguro privado.
    6. As persoas ou entidades a cuxo favor se recoñeceu a exención en tratados ou convenios internacionais.
    7. Os titulares de concesións administrativas reversibles respecto dos terreos afectos ás mesmas.
    8. A Cruz Vermella Española.
  • Bonificacións

    As cotas que se devindiquen das transmisións efectuadas en operacións de fusión ou escisión de empresas (a que se refire a Lei 76/1980, do 26 de decembro, sobre o réxime fiscal das fusións de empresas) poden ter unha bonificación de ata o 99%. Esta bonificación debe ser aprobada polo Concello.

    Se os bens cuxa transmisión deu lugar á referida bonificación foren alleados dentro dos cinco anos seguintes á data de fusión ou escisión, o importe da devandita bonificación deberá ser satisfeito ao Concello. Iso sen prexuízo do pagamento do imposto que corresponda polo citado alleamento.

    Tal obriga recaerá sobre a persoa ou entidade que adquira os bens a consecuencia da operación de fusión ou escisión.

Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica I.V.T.M. (Rodaxe)

  • Exencións

    Están exentos do IVTM todos aqueles supostos recollidos no artigo 93 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e nomeadamente:

    • Vehículos para persoas de mobilidade reducidaa que se refire o Regulamento Xeral de Vehículos, aprobado polo Real Decreto 2822/1998, do 23 de decembro. Así mesmo, están exentos os vehículos matriculados a nome de minusválidos para o seu uso exclusivo. Esta exención aplicarase en tanto se manteñan ditas circunstancias, tanto para os vehículos conducidos por persoas con discapacidade como para os destinados ao seu A exención non é aplicable aos suxeitos pasivos beneficiarios dela por máis dun vehículo simultaneamente.

    A efectos do disposto neste parágrafo, consideraranse persoas con minusvalía aquelas que teñan esta condición legal en grao igual ou superior ao 33%.

    • Autobuses, microbuses e demais vehículos destinados ou adscritos ao servizo de transporte público urbano, sempre que teñan unha capacidade que exceda de nove prazas, incluída a do condutor.
    • Tractores, remolques, semirremolques e maquinariacon Cartilla de Inspección Agrícola.
  • Bonificacións

    Teñen unha bonificación do 100% da cota do IVTM os seguintes vehículos:

    • Os catalogados como históricosen virtude do disposto no Real Decreto 1247/1995, do 14 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Vehículos Históricos e demais normativa concordante.
    • Os que teñan unha antigüidade mínima de 25 anos,contados a partir da data da súa fabricación ou, se esta non se coñecese, da data da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data en que o correspondente tipo ou variante se deixou de fabricar.

    Esta bonificación ten efectos a partir da devindicación do IVTM seguinte a aquela en que se cumpran os 25 anos de antigüidade do vehículo. A solicitude de bonificación debe ir acompañada de documentación acreditativa da antigüidade do vehículo.

    Teñen unha bonificación do 50% na cota do IVTM durante os cinco primeiros anos naturais contados desde a súa primeira matriculación os seguintes vehículos:

    – Con motor eléctrico.

    – Con motor híbrido eléctrico-diésel.

    – Con motor híbrido eléctrico-gas.

    – Con motor adaptado para biodiésel.

    – Con motor de hidróxeno.

     

    A solicitude de bonificación debe ir acompañada da ficha técnica do vehículo que acredite a súa inclusión nalgunha das categorías previstas.

    De ser concedida, a bonificación ten efecto a partir do exercicio seguinte ao da solicitude, agás no caso de alta, en que tamén se aplica no imposto de autoliquidación correspondente.

Imposto sobre as actividades económicas I.A.E.

  • Exencións

    1. Para ampliar a información, pódese consultar na seguinte ligazón o Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (artigo 78 e seguintes).

    IR Á LIGAZÓN Lei reguladora de Facendas Locais

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación do servizo de matrimonios civís

Despois de presentar a solicitude e antes de recibir a comunicación coa data da cerimonia, se os solicitantes desisten do servizo solicitado, poden pedir a devolución do 75 por 100 do importe da taxa.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de cemiterios municipais e outros servizos fúnebres de carácter locais

En atención á capacidade económica das persoas aplicarase cota cero aos seguintes servizos:

  • Os enterramentos dos pobres de solemnidade.
  • Os que, non tendo bens coñecidos nin persoas que demanden o servizo, teñan que ser inhumados en fosa común.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local

  1. Non están obrigadas ao pagamento da presente taxa as administracións públicas polos aproveitamentos inherentes aos servizos públicos de comunicacións que exploten directamente e por todos os que inmediatamente interesen á seguridade cidadá ou á defensa nacional.
  2. Así mesmo, non están obrigadas ao pagamento da presente taxa as empresas concesionarias do Concello polos aproveitamentos inherentes aos servizos públicos obxecto da concesión, nin os contratistas das obras municipais pola realización desas mesmas obras.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por aproveitamento especial do dominio público local, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeral

O pagamento da taxa regulada nesta ordenanza supón a exclusión expresa da exacción doutras taxas derivadas da utilización privativa ou o aproveitamento especial constituído no solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, necesarios para a prestación dos servizos de subministracións de interese xeral.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación da vía pública con postos, barracas ou casetas de venda situados en terreos de uso público local, así coma industrias rueiras e ambulantes

O Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais non están obrigados ao pago das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público polos aproveitamentos inherentes aos servizos públicos de comunicacións que exploten directamente e por todos os que inmediatamente interesen á seguridade cidadá ou á defensa nacional.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servicio de teleasistencia domiciliaria

  • Exencións

    Están exentos os suxeitos pasivos cunha renda per cápita inferior ao 75% do salario mínimo interprofesional (SMI).

  • Bonificacións

    Entre 75 e 100 por 100 do SMI: 390 ptas./mes (10% do custo total do servicio)

    Entre 100 e 125 por 100 do SMI: 585 ptas./mes (15% do custo total do servicio)

    Do 125 por cento do SMI en adiante: 780 ptas./mes (20% do custo total do servicio)

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación do servicio recollida de residuos

A persoa propietaria dunha vivenda que non se encontre en condicións de ser habitable pode solicitar a baixa no padrón por un período máximo de tres exercicios. A baixa supón que non terá que pagar a taxa por prestación do servizo de recollida de residuos. A solicitude debe ir acompañada dun informe técnico municipal que ten unha taxa fixa de 20€. Transcorrido o período de tres anos, para renovar a baixa no padrón, debe acreditarse novamente a situación de non habitabilidade.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola participación en probas selectivas

Están exentas do pagamento desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%.

Ordenanza reguladora do prezo público dos usuarios do servizo de axuda no fogar

Están exentas de pagar o prezo público polo servizo de axuda no fogar as persoas usuarias do mesmo cunha capacidade económica igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM).