Dende o Concello de Cedeira queremos ampliar os órganos de participación para dar maior voz e presenza aos veciños e veciñas na actividade política e municipal.

Por todo isto, vimos de iniciar o proceso de estudo e elaboración dun regulamento de participación cidadá co fin de ampliar os espazos de participación, e para dotar de maior eficacia e transparencia á vida municipal.

O Regulamento de Participación é o mecanismo idóneo para dar forma aos medios e procedementos de información e participación da veciñanza, das entidades e das asociacións na xestión municipal do Concello, de conformidade coa lexislación vixente.

Este regulamento de participación é consecuencia da vontade política de desenvolver unha normativa que regule e dea canles á participación cidadá no Concello de Cedeira.

En próximas datas, publicaremos o borrador inicial de Regulamento, que estará aberto ás propostas e suxestións.

Namentres este primeiro borrador non sexa publicado, todos os interesados en participar e facer aportacións ao mesmo, poden realízalo remitindo as formulacións que consideren a través da seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Buzón de suxestións