Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Os corpos de seguridade aconsellan aparcar na chaira do peirao

OS CORPOS DE SEGURIDADE ACONSELLAN APARCAR NA CHAIRA DO PEIRAO

Para garantir a máxima seguridade de todos os presentes, aumentarase a seguridade durante este fin de semana. Haberá un coche patrulla da Policía Local de Cedeira con dous axentes controlando especialmente a fluidez do tráfico. Como novidade principal, este ano, incorporarase unha cámara de videovigilancia móbil no coche de Protección Civil. Ademais, o municipio contará con dous grupos de entre cinco e seis persoas encargadas de supervisar a celebración. Unha das patrullas de voluntarios percorrerá a festa, mentres que a outra se encargará da seguridade dos xogos acuáticos. Para evitar a conxestión das rúas da vila, o xefe da Policía Local de Cedeira recomenda que se aparque na chaira do peirao, onde non hai problemas de espazo, a dez minutos andando da zona da festa. Pide a colaboración dos asistentes para garantir a fluidez do tráfico.

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Os corpos de seguridade aconsellan aparcar na chaira do peirao