saltar al contenido Saltar a la barra lateral izquierda Saltar a pie de página

Los Cedeirees siguen colaborando en la recuperación de papel usado y envases ligeros con una media de 9,2 y 9,9 kilos anuales

OS CEDEIRESES SEGUEN A COLABORAR NA RECUPERACIÓN DE PAPEL E ENVASES LIXEIROS USADOS CUNHA MEDIA DE 9,2 E 9,9 QUILOS AO ANO

No ano 2015 cada cedeirés recuperou unha media de 9,2 quilos de papel/cartón e 9,9 de envases lixeiros, segundo os datos aportadas por Ecoembes, empresa contratada polo goberno municipal para facerse cargo da recuperación destes materiais. A media galega está en 12,2 e a estatal en algo máis de 15 puntos.

Polo que respecta á recollida de envases lixeiros, a veciñanza de Cedeira comportouse dacordo á media galega, aínda que no 2015 os impropios (o que non é propio do colector amarelo) representaron un 34,83%, cando en Galicia esta porcentaxe estivo en 28,6%. Esta diferencia supón que Ecoembes paga ao Concello 3.655,26 euros menos do que lle debería corresponder de non haber estes impropios, tal e como se apunta desde a concellería de Medio Ambiente.

O equipo de goberno considera que é necesario mellorar aínda máis no bo uso do servizo, polo que desde a área de Medio Ambiente lémbrase á veciñanza que o papel debe botarse nos colectores azules (ou grises), os envases de plástico no amarelo e a materia orgánica no de cor verde. Tamén se reitera que o mantemento da limpieza e o bo aspecto das rúas e prazas é unha responsabilidade de todos.