"Ole que huele, sabe esmecha!" Es el lema de la campaña que desea Cedeira impulso de Galicia en el sector de la hostelería
"¿QUÉ OLE olor, ESMECHA SABER!" Es el lema de la campaña que quiere conducir el CEDEIRA GALLEGA EN SECTOR HOTELERO
Dinamizar a lingua galega e avanzar na normalización do seu uso é un dos obxectivos do goberno de Cedeira para o presente mandato. Esta prioridade levou aos seus responsables a crear recentemente o Servizo de Normalización Lingüística, unha iniciativa especialmente impulsada desde a concellería de Educación. Beatriz Galiano Leis, licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é a persoa que está á fronte dun servizo que “inicia a súa andaina coa intención de poñer en marcha un programa ambicioso e multidisciplinar orientado a lograr a implicación progresiva dos distintos sectores sociais e profesionais”, entre outros obxectivos. Unha de esas primeiras medidas ten como destinatario o sector hostaleiro e consiste na campaña “Ole que arrecende, sabe que esmecha!”. Está pensada para que os visitantes, ademais de desfrutar da riqueza gastronómica da localidade, teñan a posibilidade de “enriquecerse culturalmente comendo parrochas e non ‘sardinillas’, filloas ou freixós no canto de ‘crêpes’, ou roxós en lugar do que en tantos outros lugares chamarían chicharrones”. Trátase de facer un uso normal do galego no ámbito da hostalería, empregandoo nas cartas dos restaurantes, nos taboleiros exteriores, rotulacións, folletos e publicidade en xeral, para o que o Servizo de Normalización Lingüística se pon a disposición dos profesionais, ofrecéndolles a súa total colaboración. Proximamente o Concello achegaralles un distintivo que, colocado un lugar visible, permitirá acreditar a adhesión á campaña.