OCUPACIÓN VÍA PÚBLICA

As persoas que desexen facer unha ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados, mostradores e outros elementos análogos deberán solicitar autorización no Concello de Cedeira seguindo os trámites que se detallan a continuación:

  • Número de mesas, cadeiras, tribunas, taboados, mostradores e outros elementos análogos.
  • Metros cadrados de ocupación de espazos na calzada ou zonas non peonís de titularidade municipal.
  • Datas para as que solicita a ocupación da vía.
  • Outra información que se considere de interese.

Pódese descargar a solicitude na seguinte ligazón:


VER PDF Solicitude Instancia Tipo

As tarifas aplicables son as seguintes:

  • Por mesas, cadeiras, tribunas, taboados, mostradores e outros elementos análogos:
    • De unha a tres: 40,00 € cuadrimestrais por unidade.
    • De catro a vinte: 15,00 € cuadrimestrais por unidade.
    • Máis de vinte: 12,00 € cuadrimestrais po unidade.
  • Por ocupación de espazos na calzada ou zonas non peonís de titularidade municipal: 40,00 € cuadrimestrais por metro cadrado.

Na seguinte ligazón pódese descargar o modelo de autoliquidación para esta taxa. Pódese encher e imprimir.


VER PDF Autoliquidación solicitude terrazas

Datos para o cálculo:

a) Para o cómputo de número de mesas, considerarase o número de prazas de asento divididas entre catro.

b) No caso de mostradores, considerarase equivalente a unha mesa por cada dous metros lineais (ou fracción) de mostrador.

c) No caso de ocupación de espazos na calzada ou zonas non peonís de titularidade municipal, o importe inclúe a ocupación polas mesas asentadas no espazo.

Pode consultar o texto íntegro da ordenanza fiscal que regula este trámite na seguinte ligazón:


VER PDF Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras e outros elementos análogos con finalidade lucrativa

O aboamento do importe da autoliquidación, pódese facer en calquera das seguintes contas:

BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

Banco Sabadell Gallego: ES57 0081 2238 4100 0100 0705

O texto do xustificante de ingreso da autoliquidación (concepto), debe incluír a seguinte información:

Código 33500 + (DNI da persoa solicitante da licenza)

REXISTRO XERAL MUNICIPAL

Casa do Concello, rúa Real 15.

De luns a venres: de 9.00 h a 14.00 h.

981 480 000 (extensión 6).

REXISTRO ELECTRÓNICO

IR Á LIGAZÓN Rexistro electrónico

Unha vez entregada a documentación necesaria, o Concello de Cedeira ten un prazo máximo dun mes para comunicar a concesión ou denegación da licenza de ocupación solicitada.