Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Samaín de Cedeira leva á rúa os medos e a creatividade nos disfraces

O SAMAÍN DE CEDEIRA LEVA Á RÚA OS MEDOS E A CREATIVIDADE NOS DISFRACES

A que comezou hai 27 anos é hoxe unha das citas máis multitudinarias das que teñen como referencia a vila de Cedeira. A última edición da Festa do Samaín – que se celebra esta fin de semana- sigue nesta liña, a xulgar polo elevado número de persoas que tomaron parte nun programa organizado polo Concello co que colaboran a Asociación Amigos do Samaín, Anpa Picapeixe, a asociación Buxaina e o IES Punta Candieira.

A celebración de obradoiros de pintura, zonchos, adornos e disfraces só foi o adianto dunha cita que hoxe viviu o día grande co certame de tallado de cabazas, o obradoido de maquillaxe a merendola de outono e o pasarrúas polo casco histórico da vila. Co desfile saíron ás rúas os pantasmas, as caveiras e tamén unha morea de xente coas facianas emborranchadas de cisco e brincando para causar as risas e os medos entre os asistentes.