Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Palacete acolle a exposición “Dulce home” da ilustradora local Raquel Arriola Caamaño

O PALACETE ACOLLE A EXPOSICIÓN “DULCE HOME” DA ILUSTRADORA LOCAL RAQUEL ARRIOLA CAAMAÑO

A obra da ilustradora e deseñadora gráfica Raquel Arriola Caamaño chega á vila de Cedeira coa exposición “Dulce home”, unha colección dos últimos traballos dunha artista que toma a natureza como fonte de inspiración con influencias do movemento organicista e do modernismo ao Art Nouveau.

A mostra inaugurada no Palacete, estará aberta ao público ata o día 15 do presente mes, en horario de luns a venres de 9.00 a 21.00 horas, os sábados de 10.00 a 14.00 horas e os domingos de 11.00 a 13.30 horas.

“Dulce home” é un espazo de ilustración, pintura e arte gráfica, e as obras que nel se expoñen reflexan o mundo que rodea ao artista con todos os seus simbolismos ubicándoas nunha contorna familiar, como ben di o titulo da exposición “dulce hogar”.

Raquel Arriola é unha ilustradora e deseñadora gráfica que cursou estudos de Publicidade, Deseño gráfico e Ilustración en Madrid, Londres e Valladolid. Foi galardoada cun Efi 2001 (premio á eficacia en Publicidad e Marketing) coa campaña para a empresa Autocity coa Axencia WYSIWYG.