Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O ISSGA informa das medidas preventivas respecto da velutina en traballos forestais

O ISSGA INFORMA DAS MEDIDAS PREVENTIVAS RESPECTO DA VELUTINA EN TRABALLOS FORESTAIS

Desde a Concellería de Medio Ambiente de Cedeira lémbrase a necesidade de adoptar medidas preventivas para evitar incidencias coa avespa asiática (Vespa velutina).

A xestión da biomasa e os traballos de silvicultura no monte son máis frecuentes no período estival e resultan imprescindibles para o control dos incendios forestais. Debido á presenza de niños de Vespa velutina, estas actuacións deben realizarse coas necesarias medidas de seguridade.

Neste senso, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) desenvolve unha campaña informativa indicando as recomendacións de seguridade para a realización dos traballos forestais. A base da prevención é a planificación dos labores, que debe comezar cun recoñecemento exhaustivo da parcela tendo en conta que os niños están frecuentemente ocultos entre a maleza.

Para saber como actuar no caso de atopar un niño de velutina ou sufrir un ataque, pódese consultar a seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Descargar recomendacións preventivas coa velutina (ISSGA)