Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O grupo Ultreia representará este sábado no auditorio a primeira adaptación ao galego da obra Chicago

O grupo Ultreia de Ortigueira representará este sábado a obra Chicago no auditorio municipal de Cedeira. Trátase dunha nova actividade do ciclo de Teatro Amador que, organizado polo grupo Teatro da Vila, conta coa colaboración do Concello, da Diputación e da AVV de Piñeiro para promocionar a cultura a través das artes escénicas da man de actores non profesionais.

A función dará comezo ás 20.00 horas e o prezo da entrada é de 2 euros.

Chicago é a primeira adaptación ao galego do afamado musical de Broadway, unha obra ambientada na época da lei seca e que conta a historia de dúas asasinas que queren triunfar no mundo do espectáculo.

A peza, que se converte nunha ácida crítica á corrupción do sistema xudicial e político, será representada por un conxunto de doce actores afeccionados, que actuarán baixo a dirección de Elixio César Silvent, que tamén fixo a adaptación do musical estadounidense de John Kander. A letra é de Fred Ebb e libreto de Bob Fosse e do propio Ebb.