Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O grupo de goberno local do Concello de Cedeira apoia a folga do día 8 de marzo

O GRUPO DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE CEDEIRA APOIA A FOLGA DO DÍA 8 DE MARZO

O equipo de goberno de Cedeira vén de convocar para o día oito unha concentración “polos dereitos das mulleres e pola igualdade real de xéneros”.

O acto terá lugar na praza do Concello e dará comezo ás 12.30 horas. A intervención correrá a cargo da concelleira de Cultura, María Xosé Rodríguez Pérez, que explicará os motivos da folga feminista que ese día se convoca a nivel de todo o Estado.

Desde o executivo local invítase á veciñanza, tanto homes como mulleres, a tomar parte nunha concentración coa que se pretende reivindicar os dereitos sociais e laborais das mulleres e esixir a igualdade entre xéneros. Xa a nivel persoal, as concelleiras sumaranse á folga.