Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O goberno de Cedeira súmase á loita contra a discriminación sexual

O GOBERNO DE CEDEIRA SÚMASE Á LOITA CONTRA A DISCRIMINACIÓN SEXUAL

O goberno de Cedeira súmase á loita contra a discriminación sexual guindando a bandeira do orgullo LGTB no balcón da Casa Consistorial. A primeira tenente de alcalde, María Xosé Rodríguez Pérez, e o concelleiro de Deportes, Nicolás Vergara, foron os encargados de realizar o xesto co que o executivo local quere tamén aportar “o noso gran de area para construír diversidade”, tal e como puxo de manifesto Rodríguez Pérez. A concelleira tamén fixo alusión aos acontecementos que deron lugar á celebración do “orgullo gay” en todo o mundo, as protestas que o 28 de xuño de 1969 tiñan lugar na cidade de Nova lorque.