Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O CONCELLO RECORRE A DÚAS EMPRESAS EXTERNAS PARA AXILIZAR A CAMPAÑA DE DESBROCES

O Concello de Cedeira contratou os servizos de dúas empresas alleas para axilizar a campaña de desbroces nas pistas da zona rural, na que traballan tamén as brigadas municipais con dous tractores. O alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, explicou que con esta medida aumentan a catro as máquinas que están traballando a pleno rendemento para retirar a maleza que medrou rapidamente nas últimas semanas. “Todos estes medios están empregándose a fondo para chegar a todas as zonas”, dixo o alcalde.

Recordou ao fío disto o alcalde que o goberno local está a tramitar unha modificación de crédito coa que se vai adquirir un tercer tractor con brazo desbrozador para o parque municipal. Con el será posible para o Concello chegar a máis zonas do municipio en menos tempo cando medra a vexetación e ser máis eficientes, polo tanto, nestas campañas necesarias para manter limpos os camiños e previr incendios forestais.

O Concello contratou os servizos das empresas de Daniel Grandal Picos e Juan Carlos Mallo para levar adiante estes desbroces, cun importe que suma 11.906,4€ (IVE incluído). Os traballos se están a desenvolver xa na parroquia de Montoxo e van abranguer tamén desde a A Acea cara a zona de Santalla.