Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O CONCELLO INVISTE 10.000€ NA COMPRA DE SEIS CAMAS XERIÁTRICAS PARA O PRÉSTAMO A PERSOAS USUARIAS DO SAF

O Concello de Cedeira realizou unha nova compra de camas xeriátricas coa finalidade de seguir mellorando o equipamento que a administración local pon a disposición das persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Desta volta investíronse 10.000€ na compra de seis camas xeriátricas dotadas de incorporador e varandas.

O Concello de Cedeira foi nos últimos anos mellorando pouco a pouco a súa dotación deste tipo de equipos. Así, con esta última compra, a administración local conta cun total de 36 camas xeriátricas e 12 guindastres que se prestan de balde ás familias que os precisan, e que carecen dos recursos económicos para compralas, co obxectivo de facerlles máis doado o coidado das persoas enfermas e encamadas a elas mesmas e ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar. É un equipamento que redunda directamente na mellor calidade de vida dos doentes e das persoas que os coidan.