Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello firma un acordo coa firma catalana microbank para favorecer o emprego e a creación de empresas

O CONCELLO FIRMA UN ACORDO COA FIRMA CATALANA MICROBANK PARA FAVORECER O EMPREGO E A CREACIÓN DE EMPRESAS

Favorecer o sector económico mediante a creación de empresas e a xeración de emprego levou hoxe ao goberno de Cedeira a firmar un convenio de colaboración coa firma catalana MicroBank.

O alcalde, Pablo Moreda Gil; a directora de Negocio de MicroBank, Núria Danés, e a directora da Área de Negocio de Galicia Norte da entidade, Marta Albela, pecharon un acordo polo que se abre unha liña de financiación de un millón de euros para proxectos empresariais na zona. Os beneficiarios poder ser persoas físicas e microempresas con menos de dez traballadores e unha facturación anual inferior ao dous millones de euros.

Pablo Moreda destacou a importancia do acordo porque abre a posibilidade de acceder a un crédito bancario sen necesidade de presentar nin aval nin garantía, “unha cousa difícil de conseguir á hora de pedir un crédito”. O alcalde tamén citou os esforzos que desde o Concello se ve- ñen realizando para axudar aos mozos a buscar emprego ou unha saída laboral montando o seu propio negocio. Con este obxectivo o goberno municipal puxo andar, hai un ano, o programa Cedeira Emprende, unha iniciativa á que agora ademais se lle suma unha posible vía de financiación.

Os solicitantes poderán optar a axudas por un importe máximo de 25.000 euros (cun límite do 95% da inversión). As iniciativas empresariais deberán ter un plan de empresa e un informe favorable de viabilidade elaborado pola institución municipal.

En virtude deste convenio, o Concello de Cedeira comprométese a detectar as necesidades de financiación dirixidas a promover o autoemprego, consolidación ou ampliación de microempresas e negocios de autónomos, así como a facilitar servizo de apoio e asesoramiento empresarial, analizar a viabilidade do proxecto e dirixir ás persoas físicas ou xurídicas asesoradas pola asociación a MicroBank para que a entidade financieira analice, e no seu caso aprobe, as solicitudes de financiación.

MicroBank, o banco social especializado en microfinanzas e participado integramente por CaixaBank, é a única entidade en España dedicada exclusivamente á financiación de proxectos a través de microcréditos. Durante o exercicio do 2016, MicroBank concedeu en Galicia un total de 641 préstamos destinados a autónomos, emprendedores e microempresas por un importe de 6,9 millones de euros.