Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello e a Asociación de Amigos dos Ríos de Cedeira colaboran para limpar de refugallos o Condomiñas

O CONCELLO E A ASOCIACIÓN DE AMIGOS DOS RÍOS DE CEDEIRA COLABORAN PARA LIMPAR DE REFUGALLOS O CONDOMIÑAS

As condicións nas que se atopa o río Condomiñas no seu tramo máis urbano leva outra vez ao Concello cedeirense e máis á Asociación de Amigos dos Ríos de Cedeira a organizar para o sábado (día 22) unha nova campaña de limpeza. Nesta ocasión, a tarefa levarase a cabo entre o muíño da Acea e o punto limpo, zona na estes días foron atopados desde neumáticos de coches ata envases plásticos e botellas.

O concelleiro de Medio Ambiente, Camilo Casal, invita á veciñanza a participar unha iniciativa que dará comezo ás 11.00 horas. O lugar de encontro será o muíño.

O Concello, que conta coa autorización a Augas de Galicia, porá a disposición dos participantes os contedores e bolsas suficientes para almacenar os refugallos, se ben eles terán que levar botas e guantes. A actividade non se prolongará máis alá das dúas da tarde.