Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello de Cedeira recomenda precaución á veciñanza polos fortes refachos de vento

O CONCELLO DE CEDEIRA RECOMENDA PRECAUCIÓN Á VECIÑANZA POLOS FORTES REFACHOS DE VENTO

O goberno de Cedeira pide precaución á veciñanza en días de vento como os actuais cando saian camiñar ou pasen por unha zona na que exista moita presenza de árbores. Os refachos de vento que nas últimas horas superaron os 75 quilómetros hora obrigaron ao peche de varias estradas de titularidade provincial, á retirada de numerosas ramas do paseo marítimo e a ter que arranxar desperfectos causados no chan do parque infantil da praza Roxa.

Desde o executivo tamén se está a demandar a máxima colaboración por parte dos veciños no sentido de informar, chamando por teléfono á Policía Local ou Concello, sobre calquera incidencia a fin de que sexa reparada antes de que poida poñer en perigo a seguridade das persoas ou mesmo dos condutores.