Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello de cedeira promove a colaboración da veciñanza para poñer freo ao cambio climático no ámbito local

O CONCELLO DE CEDEIRA PROMOVE A COLABORACIÓN DA VECIÑANZA PARA POÑER FREO AO CAMBIO CLIMÁTICO NO ÁMBITO LOCAL

“Loita por un espazo máis sostible” é o lema do foro de participación cidadá que o Concello de Cedeira organiza para mañá martes coa fin de contar coa opinión da veciñanza “para configurar e construír o territorio sustentable que queremos”. O salón de plenos acollerá una convocatoria, que dará comezo ás oito da tarde.

O Concello participa, xunto a outros de Galicia, da estratexia europea que promove a colaboración das administracións para a aplicación de propostas que poñan freo o cambio climático.

No marco deste compromiso, o goberno cedeirés xa traballa na elaboración, deseño e execución de proxectos e plans na procura dun municipio respectuoso co medio ambiente. Tres bos exemplos son a iluminación de paso de peóns a base de leds, a instalacións de estufas de pellets nos locais sociais e a recollida de aceite doméstico usado. Fomentar a mobilidade urbana sustentable a través da mellora da rede viaria, carrís bici e peonís, así como da conexión urbana-rural tamén forman parte das premisas medioambientais do goberno cedeirés.

Ademais do foro previsto para mañá, o Concello puxo en marcha un buzón de suxestións a través do cal os veciños poden enviar achegas sobre que melloras se poderían facer neste ámbito. Esta iniciativa estará dispoñible ata o 2 de novembro na páxina web da administración local.